April 28, 2011

Un poquito de todo

Segue matinando nos amigos. En Antón e Nelson. Que os levou a comportarse así?, Por que no fixeron? Faille dano pensar. Non, mellor non pensar niso, mellor non llelo ter en conta, mellor pasar de todo. Pero como que non? Xa non eran os seus amigos, acabouse saír con eles. Alexandre está a procurarse a si mesmo e ese achado, o da falsidade dos amigos, era un descubrimento desagradable. Pero as cousas pasaron así, que se lle vai facer. Quizais converterse en adulto obriga a este tipo de cousas e a asumir determinadas decepcións coa xente.


No comments:

Post a Comment